Redacción/Camariñas /Fotografías: Vito Diéguez
Esta madrugada (entre ás 5,30 h. e as 6,00 h.) a praza do mercado e minutos despois de finalizar a festa vivio dramáticas esceas con unha disputa entre un rapaz camariñán e a súa ex-parella que ocasionou danos graves no cuello do rapaz e que obrigou a chegada urxente da Garda civil de Camariñas, e o aviso a ambulancia para levar urxentemente o rapaz ao Hospital de Cee, onde esta mañan foi intervenido satisfactoriamente e según fontes familiares moi próximas, si todo fora ben, incluso podería ser dado de alta nos próximos días.
Dende logo as imaxes que nos fixo chegar Vito Diéguez dan idea da gravedade do suceso e que supuxo gran perda de sangre para o xoven e onde os facultativos da ambulancia lograron estabilizar xa que en principio non afectou a órganos vitales daí que a intervención desta mañan despexara calqueira dúbida e rumores que extendéropnse como a pólvora pola nosa comunidade.
Non vamos entrar en máis detalles posto que a partires das 16,00 h. está chamada a declarar a rapaza que estaba involucrada na disputa desta madrugada e nas vindeiras horas seguramente a Garda Civil elevará o informe despois desta declaración e de resolver contradicións que xurdiron nos primeiros momentos.
Si queda aclarar que non existía orde de alexamento do rapaz posto que ésta xa estaba agotada e por tanto ese rumor que estaba extendido queda desmentido según a confirmación das nosas fontes.
Queremos tranquilizar a familiares e amigos en canto o estado do xoven camariñán, por canto o Diario Camariñán poido confirmar fai poucos minutos que a intervención resultara satisfactoria e sendo moi positivos podería estar na casa incluso este mesmo domingo. Tamén sería convinte para todos non entrar en comentarios nin en rumores sobre as causas desta disputa pois son as forzas de seguridade as que teñen que resolver este suceso e presentar o informe correspondente.
Presentamos as dramáticas imaxes que recollio na zona da praza do mercado, Vito Diéguez, e que fixo chegar ao Diario Camariñán (reducimos o tamaño dalgunha das imaxes para evitar un forte impacto visual....pregamos comprendan as razóns)


