Gracias a colaboración de Diana Vigo que nos facilitou un documento histórico que procede xa dos seus antepasados e onde o seu bisabuelo coleccionaba recortes de periódicos daquela época (1900-1930) e onde sempre Camariñas era a protagonista.
Nesta ocasión fixámonos nunha poesía de Faustino Lastres Pazos de Octubre de 1910 e que leva como título "SOEDADES"; escribía dende Buenos Aires e aqui mostramos algunha das mellores estrofas que compoñen esta preciosa poesía. Supoñemos que foi publicada nalgún libro ainda que si quedou constancia na prensa daquela época. Nós recuperamos este bello poema para os camariñáns e os moitos amigos de Camariñas que a diario visitan a súa casa do Diario Camariñán e tamén nos escoitan a través da internet en Radio Camariñas.
(a poesía está transcrita tal cual aparecía na prensa.....decímolo sobre todo polo tema dos acentos)
Dividimos a poesía en dúas partes debido a súa extensión.....a 2ª parte incluiremola este sábado ou domingo.
"SOEDADES"
Camariñas, Camariñas
algúen che quixo mercar
E o que merque Camariñas
A de tér mais pesetiñas
que areiñas ten o már.
Camariñas, meu curruncho,
moito me fas tolear
non séi que malva ou fiuncho,
Onacér n´ese teu cuncho,
houbóme asi de embruxar.
.........
Non sei vale mas calar
pero eu seique morreria
de mal de melanconia
si me chegase a faltar.
Como non chei de ter diante
Bálsamo Camariñán
anque de ti esté distante
si tua campiña é "un diante"
e tua ria "un talismán".
....
¡ Ay ! parece que estou vendo
e eso que tan lonxe estou
no castelo o mar fervendo
en "Merexo" o sol nacendo
c´os raños en Penafrou.
¡ Buria enteira ! nas agras
do millo na recolleita
cargando tabla as gabarras
e unha lancha p´ras fumadas
sobre bolina se deita.
Fumiando as chimineas
tocando o corno as sardiñas
que do mar as lanchas cheas
fan vir xente d´as aldeas
a mercala a Camariñas.
.....
E ala n´a costa da morte
erguese sobre os peñascos
o villano sempre forte
contra os embates do norte
dos rayos e dos chubascos.
o faro que d´esd´o mar
alumbra tod´a comarca
parece a costa un altar
en que ali sempre han d´estar
a Virxe do Monte e da Barca
Si algún dia ¡ Pasaxeiros !
desde ourizonte lexano
divisas os seus luceiros
sacadevolos sombreiros
ante o gran faro Villano.
(CONTINUARÁ.......)
Non te perdas a 2ª parte da poesía este sábado ou domingo........