Realmente no día de hoxe, o escritor Juan Campos Calvo-Sotelo, autor do exitoso "Náufragos de Antaño", acaba de facilitarnos unha información de moito interese para os que formamos parte da Costa da Morte, por canto un poema de Faustino Lastres que publicamos no mes de xuño, que databa de outubro de 1910 en Bos Aires, contén a expresión "Costa da Morte, sendo ata esta data o escrito en galego máis antigo do que se teña coñecemento onde se fala por primeira vez de "Costa da Morte".
O 12 de xuño de 2009, o Diario Camariñán publicaba na sección de "Cultura" un extracto da poesía "SOEDADES" de Faustino Lastres co seguinte titular:
"LOCALIZAMOS UNHA POESÍA SOBRE CAMARIÑAS QUE NON TEN DESPERDICIO....- O seu autor, Faustino Lastres escribía impresionantes estrofas sobre a súa querida Camariñas dende Bos Aires"
O escrito chegara as nosas máns gracias a colaboración de Diana Vigo que nos facilitou uns documentos antigos do seus antepasados que correspondían a recortes de diarios sobre todo arxentinos onde Camariñas e a Costa da Morte tiñan o seu protagonismo. Gracias a esta colaboración hoxe podemos decir que o termo "costa da Morte" foi empregado por primeira vez en galego con unha poesía adicada a Camariñas. Gracias Diana polo teu ofrecemento e pola túa colaboración e axuda o Diario Camariñán.
Asi nos relataba Juan Campos Calvo-Sotelo sobre este descubrimento feito polo Diario Camariñán:
Hola, Jose
Queria comentarche que ten bastante interese a poesía de Faustino Lastres sobre Camariñas de 1910 que publicastedes en Xuño. Eu só a vin onte por primeira vez.
Si a memoria non me falla é ata agora a cita máis antiga na que aparece a expresión "Costa da Morte" en galego. Cando escribin o meu libro preguntei os eruditos da Academia Galega sobre a orixe deste topónimo e, como contei en -Náufragos de Antaño- resultou que a aparición máis antiga era unha de 1908 que eu encontrei en castelán. As citas que me deron da súa aparición en galego en letra impresa eran, si a memoria non me engana - escribo sin ter o meu libro a man- posteriores a este poema de 1910 de Faustino Lastres.
Así que deberiades resaltar este feito, o de que publicastedes no diario Camariñán a ata a data aparición máis antiga do topónimo "Costa da Morte" en galego.
Xa sei que Pondal escribía por esos mesmos anos o seu poema "Os Eoas" no que aparece en varias ocasións a expresión "Costa da Morte. Pero non se sabe a data exacta na que escribio esos versos porque só foron publicados póstumamente no 2002. Así que queda a dúbida de si os versos de Pondal son os que por primeira vez acuñaron a expresión ou si Pondal trasladou o seu poema unha expresión que outros inventaran por eses anos e que comezaba a circular con éxito.
Eu inclínome por esta segunda hipótesis, a de que Pondal non é o inventor do topónimo "Costa da Morte/Costa de La Muerte", sinon que a recollio e a utilizou en "OS Eoas". En canto a si nacio en Castelán ou en galego, a cuestión sigue sin resolverse.
En todo caso ese poema merece que o remitades a Academia Galega e a prensa, porque, xa digo, salvo que outros haxan encontrado citas das que non teño noticias, é ata hoxe a cita impresa máis antiga coa expresión "Costa da Morte" en galego.
Un saúdo,
Juan Campos
Hoxe a verdade e que nos mostramos orgullosos do noso traballo e dos nosos lectores.....isto anímanos a seguir coa nosa laboura e a nunca fallarlle os nosos fieis lectores que sempre están o noso carón e sempre axudando para todo esto que iniciamos fai máis de tres anos, xa non teña final.....Gracias a todos por estar sempre aí.
Presentamos o extracto da poesía "SOEDADES" que xa publicaramos o 12 de xuño de 2009.
"SOEDADES"
Camariñas, Camariñas
algúen che quixo mercar
E o que merque Camariñas
A de tér mais pesetiñas
que areiñas ten o már.
Camariñas, meu curruncho,
moito me fas tolear
non séi que malva ou fiuncho,
Onacér n´ese teu cuncho,
houbóme asi de embruxar.
.........
Non sei vale mas calar
pero eu seique morreria
de mal de melanconia
si me chegase a faltar.
Como non chei de ter diante
Bálsamo Camariñán
anque de ti esté distante
si tua campiña é "un diante"
e tua ria "un talismán".
....
¡ Ay ! parece que estou vendo
e eso que tan lonxe estou
no castelo o mar fervendo
en "Merexo" o sol nacendo
c´os raños en Penafrou.
¡ Buria enteira ! nas agras
do millo na recolleita
cargando tabla as gabarras
e unha lancha p´ras fumadas
sobre bolina se deita.
Fumiando as chimineas
tocando o corno as sardiñas
que do mar as lanchas cheas
fan vir xente d´as aldeas
a mercala a Camariñas.
.....
E ala n´a costa da morte
erguese sobre os peñascos
o villano sempre forte
contra os embates do norte
dos rayos e dos chubascos.
o faro que d´esd´o mar
alumbra tod´a comarca
parece a costa un altar
en que ali sempre han d´estar
a Virxe do Monte e da Barca
Si algún dia ¡ Pasaxeiros !
desde ourizonte lexano
divisas os seus luceiros
sacadevolos sombreiros
ante o gran faro Villano.
(Faustino Lastres, Bos Aires, Outubro-1910)